sábado, 25 de febrero de 2012

O Tratado de Versalles (1919)


O Tratado de Versalles asínase o finalizar a I Guerra Mundial. É o tratado de paz entre as potencias vencedoras e unha das perdedoras, Alemaña. A I Guerra Mundial é un enfrontamento que se desenvolve entre 1914 e 1918 e que implicou a un gran número de países. As causas principais da I Guerra Mundial hai que buscalas nas rivalidades imperialistas das potencias coloniais e os nacionalismos exaltados. Isto da lugar a unha carreira de armamentos entre as diferentes potencias. A guerra estala tras o asasinato en Saraxevo dos herdeiros do Imperio Austrohúngaro, perpetrado por un nacionalista serbio. A guerra enfrontou aos imperios decimonónicos (Imperios Centrais) e as nacentes democracias (Aliados). Tras uns anos devastadores, asínase a paz a favor do bando Aliado en 1919. A paz organizouse a través da Conferencia de París, que incluía cinco tratados con cada unha das potencias perdedoras que non estarán presentes nas reunións coas vencedoras (EEUU, Gran Bretaña, Francia e Italia). O Tratado de Versalles é, como xa se dixo, o acordo de paz dos países vencedores coa vencida Alemaña. Asinouse no Salón dos Espellos do palacio de Versalles. No tratado quedaban acordadas as indemnizacións que Alemaña tiña que pagar aos vencedores, a ocupación de territorios polos mesmos e a renuncia ao seu Imperio colonial no Pacífico. Alemaña ve este tratado como un diktat, como unha imposición e unha humillación. Isto terá como consecuencia a radicalización ideolóxica en Alemaña e o ascenso do nazismo na figura de Hitler.
Martín Mejuto

No hay comentarios:

Publicar un comentario