sábado, 25 de febrero de 2012

1912: O afundimento do Titanic


O luxoso transatlántico "Titanic" iniciou a súa viaxe inaugural desde Southampton (Inglaterra) con destiño a New York, o 10 de abril de 1912. Catro días máis tarde, vinte minutos antes das doce da noite, chocou contra un enorme iceberg nas costas do sur da illa de Terranova. Isto deu lugar a apertura no casco dunha gran brecha que provoca o seu afundimento menos de tres horas máis tarde. Morreron máis de 1500 persoas, os botes salvavidas resultaron insuficientes para todo o pasaxe. O "Titanic" era un barco transatlántico de luxo, deseñado usando as máis avanzadas tecnoloxías dispoñibles naquela época. De feito o "Titanic" denominouse o "Insumerxible", de aí o tremendo impacto que causou este desastre na opinión pública dous anos antes de comezar a Gran Guerra. Os camarotes de 1ª clase estaban provistos de estufas e de auga quente. Nas cubertas principais estaban o luxoso comedor, unha gran escalinata, unha gran cúpula de cristal así como o ximnasio e outras dependencias ao servizo dos máis ricos. A 2ª e a 3ª clase eran máis humildes. A traxedia do Titanic foi recoradada na película que lev ao mesmo nome dirixida por James Cameron e protagonizada por Kate Winslet e Leonardo Di Caprio.
Alba González

No hay comentarios:

Publicar un comentario