sábado, 12 de junio de 2010

As trece rosas

As "Trece rosas" é un nome colectivo que se lle deu a un grupo de trece rapazas; algunhas delas pertencías á JSU (Juventudes Socialistas Unificadas), sete delas eran menores de idade (por aqueles tempos a maioría de idade era ós 21 anos)


Tralo golpe de estado de Franco e ó finalizar a Guerra Civil Española (1936-1939) inicouse unha nova etapa na historia de España, o franquismo; os dirixentes da PCE e a JSU abandonan España, deixando ó mando a José Pena, secretario xeral do comité da JSU, este foi detido e obrigado a dar mediante torturas tódolos nomes que sabía daquelas persoas que formaban parte da organización.Entre estes detidos atopábanse as Trece Rosas;que foron enviadas a instalacións policiais, onde foron toruradas e máis tarde levadas ó cárcere de mulleres de Ventas, onde viviron en condicións infrahumanas. O 29 de xullo de 1939 o comandante da Garda Civil e membro do Servicio de Información e Policía Militar (SIPM), Eugenio Isaac Gabaldón, viaxaba no seu coche xunto a uns acompañantes. Nun punto do percorrido, 3 xoves militares fanlle señas ao conductor, tras intercambiar unhas palabras con Gabaldón, acomódanse no interior do coche. O traslado continuou, ata que estes sacan unhas pistolas e encañonan aos pasaxeiros; ordénanlles deter o vehículo e fanos baixar para posteriormente fusilalos. Estes supostos militares eran en realidade membros da JSU;o trío formaba un grupo autodenominado Los Audaces, cuxo fin era cometer atracos e recadar fondos para comprar a liberdade de compañeiros presos. Os asesinos descoñecían que o seu crime os iba a arrastrar á morte xunto con outros 50 membros da JSU, entre os que estaban as 13 rosas. As peticións de indulto que as xóvenes escribiron non foron tramitadas por motivos que se descoñecen. As 13 rosas foron fusiladas polo exército franquista, o 5 de agosto de 1939, pouco despois de finalizar a Guerra Civil.
Sasha Suárez Mosquera
Uxía Gómez Méndez

2 comentarios:

  1. Un dos mellores traballos, sen dúbida!!

    ResponderEliminar
  2. O mellor traballo do curso Uxía e Sasha. Parabéns!

    ResponderEliminar