domingo, 21 de febrero de 2010

O Impresionismo: Claude Monet

Claude Monet, un dos grandes pintores impresionistas, naceu o 14 de novembro de 1840 en París e morre o 5 de decembro de 1926 en Giverny. Recibiu as súas primeiras leccións artísticas da man de François Charles Ochard e foi alumno do gran pintor neoclásico Jacques Louis David. Cando tiña quince anos xa tiña fama de ser un bo caricaturista. Coa morte da súa nai, cando él tiña dezasete anos, abandoa o instituto para dedicarse á pintura. Coñece ó pintor Boudin, e con él iníciase na pintura ó aire libre e na paisaxe. En París estudia nunha academia. En 1861 tocoulle facer o servizo militar en Arxelia, alí enfermou de tifus, e tras pagar 3000 francos por deixar o exército, comprométese coa súa tía a seguir a súa carreira como pintor. Coñece a Camille Doncieuxcoa que casará anos despois. As súas obras, nas primeiras exposicións, foron moi criticadas, igual que as do resto dos impresionistas. Os problemas económicos e a inminente chegada dun fillo nesa mala situación, lévano a un intento de suicidio. O pintor impresionista Renoir, que vivía nunha situación moito máis desafogada, axuda á familia de Monet. Ao comezo da Guerra franco-prusiana, en 1870, Monet vaise a Inglaterra, donde continua a súa obra pictórica. Monet foi o pintor impresionista que mellor representou o espíritu desta corrente: a súa pincelada de toques, o refrexo da auga nos seus cadros, a atmosfera cambiante a partir da luz e da cor, as vibracións lumínicas...Monet retírase en 1890 a Giverny, alí pinta as súas fermosas Ninfeas do Xardín Xaponés que alí construe para o seu disfrute e para plasmar na súa pintura. Morre aos 86 anos, sendo recoñecido como un gran pintor. Estes días podemos admirar a súa obra nunha exposición dedicada a súa obra no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid.
Beatriz Martínez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario