martes, 16 de febrero de 2010

A construcción do Canal de Suez

Na época dos faraóns, xa existía un desexo por unir o Mar Vermello co Mediterráneo. En 1850, construíuse un servizo ferroviario entre Alexandría e o Mar Vermello, que permitiu viaxar dende Europa á India aforrando 8.000 quilómetros, é dicir a volta ó Cabo de Boa Esperanza. En 1954, e coa oposición dos ingleses, Fernando Lesseps obtivo, grazas a emperatriz de Francia (muller de Napoleón III), un permiso de 99 anos para construír e operar o canal. Así comeza a construción no ano 1859 con fondos aportados polos franceses e os exipcios. O arquitecto foi o austríaco Aloís Negrelli, e a obra remata en 1869. Consistía nun gran burato (22m de ancho no fondo e 58m na superficie, con 8 m de calado) no que traballaron un millón e medio de exipcios morrendo máis de cen mil durante a obra. Era a primeira vez que “se modifica a faz da terra”, ademais de vencer moitos intereses económicos por parte das grandes potencias da época. Á súa inauguración asiste a emperatriz de Francia, e Giusepe Verdi compón para a ocasión a ópera "Aída" que é estrenada no Cairo en 1871. Hoxe en día, ten entre os extremos, 162 km de longo, 100 metros de ancho e 14 metros de profundidade. Tárdase en transitar polo Canal de Suez entre 12 e 16 horas. Crúzano 15.000 barcos por ano, cuxa carga, máis da metade das veces é petróleo. En 1875 Inglaterra comprou parte do Canal ós exipcios, pero no ano 1956, Nasser (estadista exipcio de orixes humildes que chegou a ser o presidente do país e o líder político máis influinte do mundo árabe na súa época) nacionalizouno, polo que o imperialismo inglés quedou moi debilitado. En 1967 a Guerra dos seis anos inutilizouno, pero en 1975 reavivouse. A cidade exipcia de Port Said, é o porto de entrada, lugar de abastecemento e acceso obrigatorio na punta norte, ao oeste do canal. Alí, atópanse dous enormes rompeolas e boias de amarre. Ao oeste do canal, está Port Fouad, unha cidade máis pequena.

Ana María Meilán Sánchez

No hay comentarios:

Publicar un comentario