sábado, 20 de febrero de 2010

Klimt: "O bico"

Justificar a ambos ladosEsta obra segue os cánones do Simbolismo, é unha tea con decoracións e mosaicos e fondo dourado. Está exposta na Österreich Galerie de Viena. Na literatura máis recente (Julio Vives Chillida) interpretouse este lenzo desde a óptica da iconografía, como unha representación simbólica do momento no que Apolo bica á ninfa Dafne, que se está convertindo en laurel, dacordo co relato da metamorfose de Dafne que se atopa na obra de Ovidio. A súa visión debe completarse coa do friso de Klimt no comedor do palacio Stoclet de Bruselas, na que a metamorfose consúmase producindo un novo laurel. Trátase dunha perspectiva, apoiada pola literatura, que da un novo sentido a esta obra de Klimt nun contexto iconográfico, e non só metafórico, da historia da arte. Este cadro tivo gran influencia no video da abertura do anime Elfen Lied. Existe, asimesmo, unha canción, "El beso de Klimt"inspirada neste cadro, da polifacética artista madrileña Virjinia Glück.
Colaboración de Cristina Fernández Castro, profesora de Educación Plástica do IES Monterroso

1 comentario: