jueves, 19 de noviembre de 2009

Robespierre e o Terror


Maximilien Robespierre nace en Arras o 6 de maio de 1758 no seo dunha familia burguesa. Fíxose avogado e frecuentou os círculos literarios e filosóficos da súa cidade na década de 1780; os seus escritos desa época amosan a influencia das ideas democráticas. Foi chamado o Incorruptible polo seu moralismo revolucionario elevado ao máximo, ademáis era un home de ideais moi altos, que se empeñou en impoñer con procedementos sanguinarios. Accedeu a Asamblea Nacional en 1790 e foi o presidente xacobino do Comité de Salvación Pública en 1792, tras a abolición da monarquía. Adquiriu unha gran popularidade tras dar un golpe de estado antixirondino. Comeza así a etapa do Terror, neste momento levou a cabo a eliminación de cidadáns moderados (xirondinos) e refractarios (monárquicos) mediante a chamada Lei de Sospeitosos, e foi baixo o seu mandato cando se impuxo o novo calendario suprimindo o Gregoriano. Tamén levou a cabo reformas como a escolarización obrigatoria e gratuita, as axudas para os cidadáns máis pobres, o abastecemento das cidades etc. O 27 de xuño de 1794, Robespierre fai un discurso cheo de ameazas, no que comenta a publicación dunha nova lista de inimigos da República para o día seguinte. Este feito o conduce á súa propia morte, é arrestado e posteriormente guillotinado o 28 de xuño de 1794.

Uxía Gómez Méndez
Juan Varela Armas

1 comentario: