sábado, 28 de noviembre de 2009

O Romanticismo: Eugene Delacroix



Eugène Delacroix naceu en Francia o 26 de abril de 1798 e morreu o 13 de agosto de 1863 na capital de este país, París. Delacroix foi un gran pintor francés. Uns din que foi fillo do político Talleyrand, xa que se parece fisicamente, ainda que outros din que no censo aparece como fillo de Charles Delacroix, político do Directorio. Cando era un cativo morren os seus pais, sendo acollido pola irmá que vivía en París. En 1816 ingresou na Escola de Belas Artes da capital e ali fixo amizade con xente maiores ca el, favorecendo o seu desenvolvemento como pintor. Delacroix tiña un temperamento romántico, gustáballe incluir nas súas obras corpos femininos espidos valorizando con eles a beleza.
Antes dos trinta anos Delacroix xa gozaba dunha gran reputación, xa que recibia encargos do goberno monárquico Luís Felipe de Francia. Motivábase escoitando tocar a Chopin, xa que eran grandes amigos, reuníanse a miúdo nas cortes do goberno. Delacroix fixo dúas grandes viaxes, unha a Marrocos e outra a Turquía, que afectaron moito na súa forma de pintar. O observamos na luz dos seus cadros, nos temas e na pincelada. Os seus últimos anos de vida foron moi duros, tiña una grave enfermidade, e isto amósase nos cadros que fixo nesa época. Finalmente, morre en París. Está considerado coma un gran revolucionario do arte e un precursor da pintura do século XX. As obras que destacan deste autor son "A liberdade guiando o pobo" e "A matanza de Quíos" entre outras.
Juan Carlos Rey Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario