martes, 24 de noviembre de 2009

Mulleres e revolución: Madame Roland


As mulleres participaron activamente nos acontecementos da Revolución Francesa e reivindicaron os mesmos dereitos civís e políticos cos homes. Na Declaración de Dereitos de 1791 ás mulleres negáronlles moitos dereitos que tiñan os homes; participar na vida polítiva, o voto, o acceso o traballo público, a posuir propiedades... Foi daquela cando a voz das mulleres comezou a expresarse de forma colectiva a favor da igualdade entre homes e mulleres.
Madame Roland foi unha destas mulleres. Era filla dun gravador ambicios o e pobre. Dende moi pequena mostrou unha gran capacidade para os estudos, ademáis dun talento indiscutible. Coñeceu a Montesquieu, a Voltaire e a Rousseau. Era unha muller atractiva pero non fermosa, según se dicía. As súas ideas eran claras e os seus modais tranquilos. Casou con Jean Marie Roland, intelixente e de bo carácter. Madame Roland escribíu artigos e tiña un un papel importante na vida política de París. tiña un Salón no centro de París que se converteu no centro de reunións de personalidades como Robespierre e outros líderes populares. Madame Roland foi detida e ingresou en prisión en 1793 xa que, xunto o seu home, criticou os excesos da revolución. O 8 de novembro de 1793 foi guillotinada. Antes de morrer pronunciou a cita polo que é recordada: "Oh Liberdade! Cantos crimes se cometen no teu nome!"
Ana Vila García

No hay comentarios:

Publicar un comentario