miércoles, 25 de noviembre de 2009

Luis XVI e a revolución


Luis XVI, rei de Francia (1774-1792), tivo problemas co Parlamento e cos privilexiados desde o seu acceso ao trono. Os intentos liberais-reformistas, froito da Ilustración, levados a cabo polos seus ministros, Maurepas, Turgot e Necker, afectaban aos privilexiados. As reformas eran necesarias para sacar ó estado da precaria situación na que se atopaba. A reforma económica clave era a aprobación dos impostos que debían pagar todos os grupos sociais, incluida a nobreza, en pé de guerra constante. En 1787 o Parlamento chegou a desacatar as ordes do rei, e Luis XVI reaccionou limitando o poder desta institución representativa. En 1789, debido á presión dos privilexiados, viuse obrigado a convocar aos Estados Xerais. Realizouse unha votación na que non se aceptou a reforma fiscal proposta, isto deu lugar á revolta dos deputados do Terceiro Estado, xa que esixían o voto por persoa e non por estamento. As clases populares de París apoiaron a revolta, e inician o movemento revolucionario aproveitando a inestabilidade política. A "Toma da Bastilla" e a proclamación da Asamblea Nacional, así como a promulgación da Constitución de 1791 son feitos que Luis XVI ten que aceptar. O rei tiña medo deste novo sistema e decide fuxir coa súa familia na coñecida "Fuga de Varennes". Os revolucionarios conseguen deter á familia real. A monarquía cae sen que ninguén poida facer nada, nin o rei Luis XVI nin os monarcas absolutistas veciños como Austria. Despois dun longo proceso xurídico, o 21 de xaneiro de 1793 a monarquía cae o mesmo tempo co fío de ferro que guillotinará ao rei Luis XVI.
Martín Mejuto Sobrado

No hay comentarios:

Publicar un comentario