lunes, 30 de noviembre de 2009

Gravados da Revolución Francesa


Este gravado representa á sociedade estamental do Antigo Réxime. Vemos a dous nobres, pertencentes ao estamento privilexiado, enriba do lombo dun campesiño, parte do estamento dos non privilexiados. O Terceiro Estado pagaba impostos á nobreza, ao clero e ao Estado. Antes da revolución de 1789, os ministros de finanzas ven que a única forma de facer que o estado saia da bancarrota, é unha reforma fiscal na que os privilexiados pasen a pagar tamén impostos. A nobreza, ante este ataque aos seus privilexios, pide ao rei a convocatoria dos Estados Xerais.


Este gravado caricaturesco da Francia prerrevolucionaria reflicte de novo o avasallamento por parte dos privilexiados sobre os campesiños. A nobreza estaba exenta de impostos, mentras que no Terceiro Estado recaía todo o peso dos mesmos. Na convocatoria dos Estados Xerais para votar o imposto, vence a petición dos nobres, xa que o voto era por estamento e non por cabeza. Ante isto, os deputados do Terceiro Estado, inician unha revolta xurando, na estancia do Xogo da Pelota, unha Constitución para a Nación.


Esta caricatura representa o aplastamento do Terceiro Estado polos estamentos privilexiados. O peso dos impostos era moi grande, e, nas épocas de crises de subsistencias, os principais perxudicados eran as clases populares das cidades e os campesiños. Van ser estas clases quen apoien a revolución de 1789, uns en París na Toma da Bastilla, e outros no campo queimando os documentos nas fortalezas dos nobres.

Verónica Gómez Vázquez, Beatriz Martínez Blanco e Isabel Fulgueira Quintás

No hay comentarios:

Publicar un comentario