martes, 20 de octubre de 2009

A Ilustración en España: o Padre Feijoó



Fray Benito Feijoó y Montenegro naceu en Casdemiro (Ourense). Foi monxe benedictino e catedrático de Teoloxía na Universidad de Oviedo. As súas obras teñen un carácter didáctico, e un estilo sinxelo, preocupándose máis do contido que da forma. Difundíu en España os avances da ciencia e do pensamiento europeos. Tivo moitos detractores debido a sus ideas, e foi Fernando VI, quen, comprendendo a importancia dos seus escritos, prohibíu que se lle atacase. Cultivou o ensaio, e a súa obra está comprendida nos oito tomos de "Teatro crítico universal" , e os cinco de "Cartas eruditas", colección de ensaios nos que, de forma sinxela e profunda ,trata sobre a física, filosofía , literatura etc. A súa obra reflicte os aspectos negativos da universidade tradicional, de ahí que durante o reinado de Carlos III se lle tivera en conta á hora de reformar a nova Universidade. A súa situación persoal lle permitiíu dicir cousas que outros non se atreveron ou que a persecución impedíu, e aínda que non quedou libre de críticas, acabou impoñendo as súas ideas e a estar considerado como unha das principais figuras da Ilustración en España.
Paulo Álvarez Busto

1 comentario: