jueves, 15 de octubre de 2009

Os non privilexiados: a burguesía



Os burgueses son os habitantes das cidades fortificadas que medran a partir da Idade Media. Éstas son os burgos, de ahí o nome de burgueses.
Nas cidades pequenas, a maior parte dos habitantes eran labradores, horteláns e viñadores. Soamente as cidades máis ricas, tiñan como habitantes aos artesáns que exercían un oficio, e aos burgueses que se adicaban a actividades comerciais. Nos países do Mediodía de Europa, calquera artesán podía abrir libremente unha tenda. Sen embargo, pouco a pouco, aparece outro réxime: todos os “obreiros” dun mesmo oficio e cidade formaban unha asociación. Os comerciantes, para protexer as súas mercadorias dos bandidos, reuníanse en caravanas armadas a cabalo. Para colaborar uns con outros, formaron sociedades chamadas guildas, hansas ou cofradías. Reuníanse nunha sala para beber e discutir, e pagaban unha cuota para soster unha Caixa. Algunhas sociedades chegaron a ser moi poderosas. Os comerciantes eran máis valorados cós artesáns, traballaban menos e gañaban máis, pero estaban organizados coma eles en profesións. Os burgueses máis respetados eran os comerciantes enriquecidos e os propietarios. Vivían coma nobles, armábanse como cabaleiros e habitaban en pazos fortificados nas cidades máis populosas e comerciais..
Os burgueses considerábanse fora do sistema feudal, e fixéronse poderosos grazas a creación de redes comerciais que abarcaban toda Europa. Cidades como Venecia e Xénova crearon verdadeiros imperios comerciais. No norte xurdiu a Hansa, que dominou a vida económica do mar Báltico. Incorporáronse novos factores, cando exploradores como Cristóbal Colón e Hernando de Magalláns aventuráronse en mares descoñecidos e descubriron novas terras, grazas a melloras náuticas: a brúxula e a carabela. Aproveitando os seus descubrimentos (Francia, Portugal, España, Inglaterra,...) construíron imperios coloniais, cuxas riquezas levan a cabo o desenvolvemento da industria e do comercio.
Deste xeito, a burguesia era un estamento político case sen contrapeso social, que tiña todo o poder económico nas mans, pero non o político, este comezou a caerlles cando reis coma Luis XIV chamaron os burgueses como ministros do Estado, en lugar da antiga aristocracia.
Esta marxinación política da burguesía deu lugar ás revolucións contra o Antigo Réxime dos séculos XVIII e XIX.
Ana María Meilán Sánchez

1 comentario: