miércoles, 14 de octubre de 2009

Versalles, símbolo do absolutismo


Na súa orixe, Versalles era un vello feudo medieval cun pequeno castelo e unha aldea moi preto de París. A súa paisaxe, bosques, lagoas e regatos, convertíano nun lugar ideal para a caza. Amante desta práctica, o rei Louis XIII mercou estes terreos para construir un palacete onde residir durante as xornadas de ocio.
A razón pola que Versalles se convirte na residencia da monarquía francesa foi cando Louis XIV acudíu como invitado polo seu ministro Nicolás Fouquet a unha festa no seu castelo. Os festexos foron de tal despilfarro que o rei sentiuse ofendido; ningún dos seus súbditos podía facer semellante ostentación de grandeza. A partir dese momento, o rei decidiu construir en Versalles o seu gran palacio, aínda que a idea de establecer alí a corte tardaría un tempo.
O rei Sol contratou aos mellores artistas de Francia; o arquitecto Le Vau era quen lle levantaría o novo palacio; o pintor Lebrun encargariase da súa decoración, e Le Notre deseñou os xardíns. Neles habilitouse o invernadoiro e o zoolóxico. O rei desexaba que o seu palacio fora o máis luxoso de Europa, de feito, a inversión inicial foi enorme. Mais adiante construiuse o Gran Apartamento do rei, as estancias da raíña, e a gran fachada occidental con columnas de mármol e balcóns de ferro forxado e dourado. Trala morte do arquitecto Le Vau continuou as obras Jules Hardouin-Mansart.
En 1678, Louis XIV xa decidira que o palacio sería a sede da Corte. Por esta razón erixíronse as dúas grandes zoas para aloxar a todo o persoal administrativo. Mansart foi o responsable da edificación dalgunhas das estancias máis características deste palacio, como a capela, os salóns da Guerra e a Paz, e a galería dos Espellos. Ao mesmo tempo, íanse ampliando os xardíns e en 1680 completábase o Gran Canal, de 1500 m de lonxitude, que intentaba imitar os canales venecianos.
Na decoración interior do palacio o tema dominante é a mitoloxía clásica. O rei quería que simbolizara a grandeza da súa persoa e, por extensión, a de toda Francia. O Gran Apartamento encheuse de estatuas e pinturas de héroes da antigüedade e deuses do Olimpo, incluso había unha representación do Sistema Solar, pois, Louis XIV era o Rei do Sol e todo xiraba o seu arredor.Esta paixón polo culto solar tamén quedou patente nos xardíns, onde predominaban as estatuas de Apolo, deus grego do Sol. Os xardíns presentan unha estructura baseada nun eixe central, por onde corre o Gran Canal, e a partir de alí xurden en eixes secundarios. As avenidas estás distribuidas en forma de estrelas e os estanques coronan as interseccións. No seu tempo de máximo esplendor, os xardíns ocupaban 8.000 hectáreas, aínda que hoxe en día tan só se conservan 100. O terreo estaba poboado polas máis variadas especies vexetais destacando o pavillón da Orangerie, onde o rei reuniu a colección máis bonita de laranxos de Europa.
Entre 1762 e 1768 Louis XV encargou a construcción do Petit Trianon ao arquitecto Ange- Jacques Gabriel,para a súa amante Madame de Pompadour. O aumento de membros da familia real obrigou a Louis XV a levar a cabo modificacións que permitiran albergar aos seus fillos e sobriños en apartamentos dignos do seu rango.
Como regalo de voda de Louis XVI a Marie Antoinette, recibiu o Petit Trianon, e transfoumouno no seu refuxio persoal. Nos seus xardíns buscou respiro do protocolo real.
No século XIX, as estancias de Versalles acolleron o Museo da Historia de Francia, durante o II Imperi convertiuse no cuartel xeral do exército prusiano, e a súa Galería dos Espellos serviu de marco para a firma do tratado de paz franco-prusiano. O palacio tamén foi testemuña das eleccións para a III e a IV Repúblicas Francesas e acolleu a firma do tratado que puxo fin a Primeira Guerra Mundial, ademáis de contemplar o nacemento da Sociedade de Nacións, antecedente da ONU.Na actualidade, Versalles permanece ao servizo da República, e algunha que outra vez acolle nas súas estancias a algún monarca.
Uxía Gómez Méndez

3 comentarios: