martes, 13 de octubre de 2009

O Rei Sol




Coñecido como o Rei Sol ou Luís o Grande (1638-1715), foi o primoxénito e sucesor de Luís XIII e de Ana de Austria. Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa. Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes como Molière e A Fontaine. Luís XIV é un dos máis destacados reis da historia de Francia,creou un réxime absolutista e centralizado, prototipo da monarquía absoluta en Europa.
A pesar da súa mocidade, Luís XIV demostrou ser un rei entregado aos labores de goberno. Todos os luns, mércores e sábados presidía as reunións dunha xunta na que el e un grupo escollido de ministros formulaban políticas que afectaban á vida das súas 20 millóns de súbditos. Desenvolveu dous novos e eficaces instrumentos de poder: un corpo de diplomáticos profesionais e un Exército permanente. A política do monarca baseouse na consolidación do absolutismo, identificando á monarquía co Estado. Viviu en Versalles xunto aos seus cortesáns e favoritas No exterior, a súa máxima preocupación foi manter o prestixio de Francia, levou a cabo unha política expansionista, estendendo os dominios franceses até o Rin.
O final do seu reinado estivo marcado polos primeiros síntomas de decadencia do réxime e da corte, o declive da hexemonía francesa no continente, o fracaso da súa política colonial e o inquietante malestar social xurdido das crises de subsistencias que padecía o pobo baixo.

Raquel Almuiña Casas

No hay comentarios:

Publicar un comentario