martes, 20 de octubre de 2009

As transformacións na sociedade estamental



A sociedade estamental do século XVIII dividíase en dous grupos; os privilexiados e os non privilexiados. Os primeiros eran a nobreza e o clero, posuían terras e non pagaban impostos, ademáis de gozar de concesións honoríficas. Este grupo era moi heteroxéneo, nel atopamos alta nobreza, baixa nobreza, alto clero e baixo clero. Os segundos, os non privilexiados eran a maior parte da poboación (o 90% ou máis). Tiñan en común a obriga do pagamento de impostos. Dentro deste grupo atopábanse a burguesía, as clases populares e os campesiños. A burguesía estaba composta polos banqueiros, grandes artesáns e comerciantes, era o grupo máis activo ecnómicamente e aspiraba ao poder político. As clases populares son os pequenos artesáns, serventes, soldados...Non posuían riquezas. Os campesiños era o grupo máis numeroso, traballaban as terras doutros e estaban suxeitos o pagamento dos censos, das rendas feudais.

A sociedade do XVIII era estática. A nobreza era o grupo dominante, controlaba a maior parte das terras e desempeñaba os principais cargos. Os cambios económicos do XVIII impicaron unha maior producción de bens, un aumento do comercio a gran escala e máis beneficios de capital. A burguesía era o grupo máis beneficiado nesta fase económica positiva e empeza a cuetionarse cos excesivos privilexios nobiliares. Sen embargo, a aristocracia, perdeu influencia en case toda Europa. Perde poder adquisitivo pero segue tendo o poder político e o prestixio social.
Jennifer García Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario