martes, 8 de mayo de 2012

Segredos da II Guerra Mundial: O perfil psicolóxico de Hitler




No ano 2000 apareceu un informe sobre a personalidade de Hitler entre documentos da Donovan Nuremberg Trials Collection da Biblioteca de Dereito da Universidade de Cornell, en Ithaca, New York. O texto foi clasificado como un documento segredo durante case medio século. O perfil foi elaborado en 1943 polo psiquiatra Henry Murray da Universidade de Harvard, a petición dos Servizos Estratéxicos co fin de axudar aos Aliados. O documento de Murray levaba por título "Análise da personalidade de Adolf Hitler con prediccións sobre o seu futuro comportamento e suxerencias para tratar con él agora e despois da rendición alemaña". O informe di o seguinte; Hitler "era rancoroso, cunha baixa tolerancia cara a crítica, cunha tendenza a menosprezar ás persoas e a buscar vinganza" Segundo o psiquiatra, o dictador xermano "era incapaz de aceptar unha broma, amosábase perseverante fronte a derrota e amosaba unha forte obstinación e confianza en si mesmo". Murray describía a personalidade de Hitler como a dun criminal compulsivo, e o psicólogo anticipou que no caso de derrota de Alemaña na II Guerra Mundial, Hitler podía suicidarse de xeito dramático e explosivo. Na opinión do psiquiatra, a súa infancia marcou dramáticamente o seu destiño, xa que o pequeno Adolf debatiuse entre o odio e o respeto ao seu pai e o amor e o desprezo á súa nai. Moitos expertos de hoxe confirman parte da análise psicolóxica feita por Murray
Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario