A
historia da bomba atómica iniciouse en agosto de 1939, cando o
presidente Roosevelt recibiu unha carta de Albert Einstein, na que o
informaba que a división (fisión) do núcleo do átomo de uranio
parecía posible, o cal liberaría unha cantidade enorme de enerxía.
En 1940 o goberno norteamericano botou a andar o ultrasecreto Proxecto Manhattan, para intentar gañarlle aos alemáns a carreira
na creación dunha bomba atómica. Despois de investir 2 mil millóns
de dólares neste proxecto, a primeira proba da bomba tivo lugar con
éxito o 16 de xullo de 1945 no deserto próximo a Alamo Gordo, en
Novo México. Nesa data empezou a era nuclear. A tarefa de
construír a bomba atómica foi tan complicada e requiriu tanto tempo
e diñeiro, que as dúas bombas utilizadas contra Xapón eran as dúas
únicas que había no mundo nesa época. Pero o día que estalou as
bomba en Hiroshima iniciouse formalmente a competencia na carreira
armamentista. Rapidamente desenvolveuse a tecnoloxía bélica nuclear
noutras partes do mundo, o cal deu lugar -a nivel de política
internacional- á chamada "diplomacia atómica". A primeira
potencia en demostrar que xa contaba cunha arma nuclear foi a Unión
Soviética, en 1949. Durante as seguintes décadas, a idea de que
unha conflagración mundial podía levar ao inminente exterminio da
humanidade -se se producía un enfrontamento nuclear- determinou o
equilibrio de forzas no mundo. A Guerra Fría, o período que
se iniciou ao termo da Segunda Guerra Mundial, implicou un estado de
tensión e rivalidade entre as dúas superpotencias, a Unión
Soviética e Estados Unidos, e de xeito indirecto entre os seus
aliados, xa que puxo en moitas ocasións o mundo ao bordo dun
enfrontamento nuclear. No momento álguido da Guerra Fría, durante a
década dos sesentas, Estados Unidos tiña 70 mil cabezas e bombas
nucleares, máis de 6 mil armas e 5 mil bombardeiros estratéxicos. A
pesar de que non se volveu usar unha bomba atómica contra outro
país, non se disipou o temor de que algunha potencia nuclear use o
seu armamento. A desolación causada polas dúas bombas detonadas en
Xapón, é menor se se compara co poder destrutor das tecnoloxías
bélicas actuais, ademais das cales agora hai suficientes bombas para
facer desaparecer ao planeta. Na conmemoración do 56 aniversario das
explosións nucleares en Xapón, o primeiro ministro deste país,
Junichiro Koizumi, dixo: "Como o único país que sufriu
un ataque nuclear, pedimos á comunidade mundial que erradique as
armas nucleares para construír unha paz duradeira, para que a
devastación dun ataque nuclear non volva repetirse xamais,". De
1945 á data houbo varios intentos para conseguir a erradicación de
armas nucleares pero ata a data non hai un acordo de desarme que fose
subscrito por todas as potencias nucleares. En 1996 elaborouse un
Tratado que prohibía as probas nucleares, foi asinado por case todas
as nacións, agás por India e Paquistán, que actualmente se
encontran moi preto de declararse a guerra e, polo tanto, se teme que
poidan usar as súas bombas nucleares para atacarse mutuamente. Hai
os que pensan que un desarme nuclear xeneralizado é imposible, por
razóns de "seguridade nacional" e estratexia política de
cada país. Non obstante, crese que se as nacións con armamento
nuclear poñen os seus arsenais baixo estrita vixilancia
internacional, en sitios dispersos, estas medidas poden salvagardar
ao mundo dunha catástrofe bélica nuclear. A conmemoración dos
terribles sucesos acontecidos en Hiroshima e Nagasaki en 1945
recórdanos os extremos de destrución aos que pode chegar o ser
humano se a comunidade internacional non pon un límite ao uso
militar da enerxía nuclear
Cristina Rojo
No hay comentarios:
Publicar un comentario