O
6 de xuño de 1944, coñecido como o "día D", durante a II
Guerra Mundial, os aliados iniciaron o dsembarco dun exercito de máis
de 150.000 soldados(73.000 norteamericanos e 83.000 británicos e
canadienses) sobre as praias de Normandía. A
coñecida como Operación "Overlord", a invasión aliada de
Fracia comezara. Comandados polo xeneral Eisenhower, as tropas
aliadas superaron as defensas organizadas polo mariscal alemán
Rommel. A
supremacía aérea inglesa e estadounidense foi clave para enteder o
éxito da operación. Os avións aliados destrozaron a maior parte
dos pontes sobre o Sena e o Loira, impedindo que os alemáns puideran
enviar reforzos a Normandía. A isto uniuse a dificultade dos
alemáns en cubrir unha costa de 4.800 kilómetros de lonxitude entre
a fronteira española e Holanda e as continuas desavenencias e
contradicións no mando militar alemán sobre onde tería lugar o
desembarco e como se lle debía facer fronte. O
éxito do desembarco permitiu o rápido avance das tropas aliadas
cara o corazón de Francia. O desembarco foi un dos elementos clave
da derrota do III Reich.
Helena Del Río
No hay comentarios:
Publicar un comentario