Unha bomba
atómica é un dispositivo que obtén unha enorme cantidade de
enerxía de reaccións nucleares. O seu funcionamento baséase en
provocar unha reacción nuclear en cadea descontrolada. Encóntrase
entre as denominadas armas de destrución masiva e a súa explosión
produce unha distintiva nube en forma de fungo. A bomba atómica foi
desenvolvida por Estados Unidos durante a II Guerra Mundial, e é o
único país que fixo uso dela contra poboación civil (en 1945,
contra as cidades xaponesas de Hiroshima
e Nagasaki).Os
bombardeos atómicos sobre Hiroshima
e Nagasaki
foron ataques nucleares ordenados por Harry
Truman, Presidente dos Estados
Unidos de América, contra o Imperio de Xapón. Os ataques
efectuáronse o 6 e o 9 de agosto de 1945, e puxeron o punto final á
Segunda Guerra Mundial. Despois de seis meses de intenso bombardeo
doutras 67 cidades, a arma nuclear Little
Boy foi soltada sobre Hiroshima
o lunes 6 de agosto de 1945, seguida pola detonación da bomba Fat
Man o xoves 9 de agosto sobre
Nagasaki.
Ata a data estes bombardeos constitúen os únicos ataques nucleares
da historia. Estímase que cara a finais de 1945, as bombas
mataran 140.000 persoas en Hiroshima
e 80.000 en Nagasaki,
aínda que só a metade falecera os días dos bombardeos. Entre as
vítimas, do 15 ao 20%morreron por lesións ou enfermidades
atribuídas ao envelenamento por radiación.Desde
entón, algunhas outras persoas faleceron de leucemia (231 casos
observados) e distintos cancros (334 observados) atribuídos á
exposición á radiación liberada polas bombas.[6] En
ambas as dúas cidades, a gran maioría das mortes foron de
civís. Seis días despois da detonación sobre Nagasaki,
o 15 de agosto, Xapón anunciou a súa rendición incondicional
fronte aos «Aliados», facéndose formal o 2 de setembro coa firma
da acta de capitulación. Coa rendición de Xapón concluíu a Guerra
do Pacífico e, polo tanto a Segunda Guerra Mundial. Ao
finalizar a guerra, Xapón foi ocupado por forzas aliadas lideradas
polos Estados Unidos con contribucións de Australia, a India
británica, o Reino Unido e Nova Zelandia, ademais de que adoptou os
«Tres principios non nucleares», o que prohibía a Xapón ter
armamento nucleares.
Tania Lamazares
Tania Lamazares
No hay comentarios:
Publicar un comentario