lunes, 7 de mayo de 2012

Arte e poder: O cartelismo soviético

O cartelismo foi un medio de propaganda do réxime soviético. Transmite ao pobo traballador os ideais sempre presentes da revolución de outubro de 1917. O estilo dos carteis, un universo para os deseñadores gráficos, baséase no Constructivismo e no Suprematismo ruso de Entreguerras. A arte e a propaganda van unidas. Vexamos algúns exemplos e o seu significado.


Rodchenko pon a arte ao servizo da revolución, exemplo disto é o seu  famoso cartel  de 1925 no que aparece a escritora Lilia Brik berrando "Libros". Anúnciase a Editorial Estatal de Lenin  e a necesidade do pobo de instruirse nos ideais da revolución.
As palabras:   ленгиз    книги  книги по всем отраслям знанил
O seu significado é: Lengiz. Libros. Libros de todas as ramas do coñecemento

Neste cartel aparecen as palabras "Non fales", unha clara alusión á espionaxe. Se falas demasiado podes axudar aos inimigos do bolchevismo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario