Nesta imaxe
vemos mortos e colgados a Benito Mussolini, dictador fascista que gobernou
Italia dende o 1922 ata o 1945 ,e a súa amante Clara Petacci. A foto foi tomada o 29 de Abril de 1945 na
plaza Loreto de Milán. A execución de Mussolini e Clara Petacci tivo lugar o
día anterior a mans dos partisanos. O 28 de Abril despertáronos, leváronos cerca
do lago Como, fixéronos baixar do coche e o capitán Valerio,militante
comunista, leu unha sentencia do pobo italiano
que condenaba a Mussolini á morte. A continuación Valerio sacou a
metralladora, Clara púxose diante para
protexer a Mussolini, primeiro morre Clara e minutos despois él. Os cadáveres
foron levados nun camión a Milán e expostos o día 29 na plaza Loreto, foron
colgados cabeza abaixo, como se pode observar na foto. Unha vez alí foron
sometidos a toda clase de insultos e violencia á mans do pobo,ata o punto de
rematar cos rostros irrecoñecibles. Esta foto é moi impactante
e mostranos a violencia dos partisanos que acabaron coa vida de
Mussolini. Non só o fusilaron senón que
despois exhibiron o seu cadáver e o da súa amante na plaza Loreto para que o
vise a poboación.Mussolino morre coa violencia que él exercera anteriormente cos seus adversarios.
Paula Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario