Na imaxe vemos a unha muller cargando co seu fillo nunha guerra que enfrontou ás dúas Coreas entre 1950 e 1953. Trátase de refuxiados de guerra. Na madrugada do 25 de xuño de 1950, tropas norcoreanas comezaron, ao longo do paralelo 38º (que fixaba a división dos dous territorios tras a Segunda Guerra Mundial), un ataque contra as posicións de defensa de Corea Sur. O mundo xa estaba dividido pola Guerra Fría entre Este e Oeste, entre comunismo e capitalismo. A ONU enviou unha gran forza militar composta por tropas de dezaseis países e encabezada por EEUU. O conflito remata en 1953 e a división das dúas Coreas permanece ata hoxe. A imaxe é impactante; unha muller resignada e cunha tristura infinita reflexada na súa face carga co seu fillo ás costas cun carro de combate tras eles. O neno é alleo ao que está ocurrindo, o que nos leva á reflexión sobre as vítimas das guerras, de calquer guerra; os nenos.
Isabel G. Piñeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario