As
bombas de Hiroshima e Nagasaki foron ataques nucleares ordeados por
Harry Truman, Presidente dos Estados Unidos, contra o Imperio de
Xapón. Os ataques que se efectuaron o 6 e 9 de agosto de 1945,
puxeron punto e final á II Guerra Mundial. Despois de seis meses de
intenso bombardeo de outras 67 cidades, a arma nuclear Little
Boy foi
soltada sobre Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945 seguida pola
detonación da bomba Fat
Man o
xoves 9 de agosto sobre Nagasaki. Ata a fecha estes bombardeos
constitúen os únicos ataques nucleares da historia. O
9 de agosto de 1945, ás 11:02 am, Nagasaki foi o blanco do segundo
ataque con bomba atómica do mundo. Cando o norte da cidade foi
destruído calculase que 40.000 persoas morreron pola explosión da
bomba apodada "Fat Man". O número de mortos por bombardeo
atómico totalizou 73.884 víctimas, así como 74.909 feridos e
outros cen mil enfermos e moribundos por causa da choiva radiactiva e
outras enfermidades causadas pola radiación. Inicialmente
o blanco era Niigata, pero estaba chovendo; cambiouse a Kokura, pero
había neboa e non se puido ubicar, e a falta de combustible e coa
misión en peligro decidiuse finalmente por último blanco
alternatico, por Nagasaki. O Great Artist, actuando como avión
metereolóxico informou que existía un claro visible entre as
nubes, o Bockscar só tiña combustible para unha soa pasada. Ó
chegar o avión atopou un pechado teito de nubes, tiña que tomar
unha decisión, ou a arroxaba ou volvía, e decidiuse a bombardear
Nagasaki. O
terreo onde se atopo a cidade é moi montañoso e esto delimitou os
efectos das ondas expansivas da explosión inicial. De todos modos a
destrucción, o caos, e o horor foi similiar ó de Hiroshima. Foi tal
a estupefacciñon dos cuarteles militares e o grado de shock tanto de
civiles como militares que en Nagasaki non se inspeccionou ata
despois dunha semana, cando a cidade era xa un osario silencioso. Xapón
rendiuse 5 días despois desta destrución. Tras a guerra a cidade
foi reconstruída, anque ampliamente modificada. Construíronse novos
templos e igrexas, xa que a presencia budista nunca desapareceu e
incluso gañou unha gran adhesión durante a guerra. Algúns dos
escombros foron deixados intactos en memoria e levantaronse novas
edificacións co mesmo obxectivo, como museo da bomba atómica.
Nagasaki é ainda unha cidade portuaria cunha rica industria naval e
é ademáis un forte exemplo de perseverancia e paz.
Helena Del Río
No hay comentarios:
Publicar un comentario