Na
imaxe exposta, aparece un grupo de nenos entre 7 e 10 anos,
pertencentes a raza xudía, que estaba encerrados nun dos campos de
concentración máis recoñecibles, o de Auschwitz. A
situación dos nenos era unha das máis crueles do réxime. É
estimado que máis dun millón de nenos foron asesinados polos nazis
nos campos de concentración. Moitos
dos nenos eran asesinados directamente, xa que ó ser pequenos e sen
forza, non servían para os campos de traballo coma os homes. Por
outra banda, os que se libraban iban traballar en duras condicións
como albañíles; sen embargo, tampouco se solían librar da morte,
xa que moito deles, debido á falta de auga potable nos campos,
bebían auga contaminada e os seus corpos íanse debilitando cada vez
máis. Outros
nenos, especialmente mellizos, eran destinados a experimentos médicos
dos nazis, e se non lles valían, eran fusilados ou mandados
directamente ás cámaras de gas. A
pesar da aplastante persecución dos nazis, algúns nenos deron coa
fórmula de sobrevivir aos campos; moitos nenos contrabandeaban
comida ao ‘’guetto’’, algúns participaron en movementos
xuveniles activos na resistencia, e incluso moitas familias de raza
aria acolleron a numerosos nenos xudíos nas súas casas. Finalmente,
no período posterior ao Holocausto, moitos nenos orfos estaban en
campos de refuxiados.
Elisa Rivaslunes, 14 de mayo de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario