Trátase
dunha imaxe real que se sitúa entre os anos 1945 e 1975, período da
Guerra de Vietnam. Foi un dos conflictos máis longos dentro doutro
período que se coñece como a Guerra Fría (1945-1991). A
imaxe é unha das máis representativas nesa guerra, coa que se pode
observar a masacre que se produciu nese momento. A
protagonista, é unha muller vietnamita que está a ser torturada
polos xenerais de Vietnam sur. Atópase ameazada cun fusil na
cabeza mentres a someten a unha especie de interrogatorio. Este
feito, é un máis deste conflito, debido ó terror
que estaba imposto en Vietnam durante a guerra. Outros
feitos que tamén están fotografiados e tamén foron comúns neste
conflicto, foron os asesinatos a plena luz do día, os suicidios como
símbolo de protesta, exilios forzados dalgúns pobos vietnamitas e a
situación dos nenos na guerra. Rematada
a guerra en 1975, Vietnam unifícase nun só país comunista,
acabando asi cos feitos tan crueles que se foron sucedendo ó longo
de tantos anos, ata hoxe, que segue a ser un dos países comunistas
da actualidade.
Elisa Rivas
No hay comentarios:
Publicar un comentario