Esta
é unha fotografía do ano 1939, na que aparecen dous personaxes moi
coñecidos da historia recente; Adolf Hitler e Benito
Mussolini. Ambos pousan de pé, nunha sá do Pazo de Campidoglio en
Roma. Hitler vai vestido co uniforme militar con numerosas condecoracións e sen
pucha, o igual que o italiano, tamén levan unhas botas
de pel de foca, e os seus respectivos sinais e esvásticas fascistas. Esta foi unha das fotografias que fixeron para escenificar as boas
relacións existentes entre os dous dictadores. Hitler e Mussolini defendían unha política exterior agresiva e de
expansionismo militar, ademáis dunha carreira armamentistica. Isto
xerou un clima de tensión continuada en Europa. Este tipo de
politica foi levada a cabo durante os anos trinta, asinando alianzas entre eles, co nome de Pacto de aceiro ou Pacto
Roma-Berlín (1936). Tanto
xermanos como italianos van a Guerra en 1939 e ata 1942 apodéranse
de Europa, utilizando unha táctica de ataque relámpago, unha
combinación dos acourazados e a aviación, que, por sorpresa lograban
o seu cometido. A súa sorte viuse truncada en 1942 cando a entrada na guerra dos EEUU cambiaron o
rumbo en favor dos aliados e conseguen
derrotar os fascismos en 1945, despois do éxitos do Desembarco de Normandía. Na
miña opinión, os fascimos en Europa non deberan chegar a onde
chegaron, as democracias tardaron en responder ante as ideoloxías radicais ou simplemente foron inoperantes ao igual que a recén nacida sociedade de Nacións creada tras a I Guerra Mundial. Esta non soubo reaccionar ante o inminente expansionismo hitleriano. As consecuencias, tristemente, son coñecidas por todos nós.
Martín Mejuto
No hay comentarios:
Publicar un comentario