Dende
o 1º de xullo de 1945 establecéronse en Alemaña fronteiras
interalemás, as cales eran un extenso sistema de fortificacións que
percorría 1382 Km (dende o Mar Báltico ata Checoslovaquia),
delimitando a división entre Alemaña Oriental (RDA: República
Democrática Alemana) e Alemaña Occidental (FRG: República Federal
Alemana). A parte máis coñecida destas fronteiras interalemás foi
o Muro de Berlín (Berliner Mauer).O Muro de Berlín dividiu a
cidade alemá en Berlín Oriental e Berlín Occidental, dende o 13 de
agosto de 1961 ao 9 de novembro 1989. O Muro converteuse no símbolo
máis representativo da Guerra Fría, xa que non só delimitaba unha
fronteira, senón que marcaba unha profunda diferenza en cuestións
políticas (unha democracia liberal capitalista contra un estado
comunista), económicas (a CEE contra o COMECON) e militares (a OTAN
contra o Pacto de Varsovia). Tanto as fronteiras interalemás como
o Muro de Berlín sempre estiveron moi vixiadas, sen embargo o Muro
de Berlín foi o máis militarizado de toda Europa (e o mundo). A
cruel vixiancia das fronteiras da RDA tiña a orde de disparar
contra toda persoa que quixese cruzar cara ao sector occidental; ata
a actualidade non se coñece o número exacto de vítimas, pero
estímase que foron ao redor de 136 persoas que morreron na zona do
Muro de Berlín entre 1961 e 1989. Peter Fechter foi a primeiro
vítima máis emblemática do Muro de Berlín. Un ano
despois do comezo da construción do Muro de Berlín, o 17 de agosto
de 1962, Peter Fechter xunto a un amigo Helmut Kulbeik intentaron
escapar da RDA. Fechter e Kulbeik escondéronse nun taller de
carpintaría preto do Muro, estudaron os movementos da garda,
saltaron dende a ventá no momento en que a vixilancia non os vía,
lograron correr a través do "corredor da morte" (sector
entre o muro principal e un muro paralelo que pouco tempo antes se
comezara a construír) ata o muro próximo a Checkpoint Charlie, no
distrito de Kreuzberg en Berlín occidental. Cando Peter Fechter e
Helmut Kulbeik se achaban na parte superior do muro, os soldados
disparáronlles. Kulbeik logrou fuxir ileso cara á RFA, pero Fechter
recibiu diversos disparos na pelve e caeu cara a atrás, na zona
chamada "terra de ninguén" (que pertencía a Berlín
Oriental.
Cristina Rojo
No hay comentarios:
Publicar un comentario