sábado, 24 de marzo de 2012

"1984": unha crítica ao totalitarismo



"1984" de George Orwell é unha novela publicada en 1949. Describe, e á vez, fai unha dura crítica aos sistemas totalitarios desenvolvidos na época de Entreguerras. Concretamente refírese ao réxime totalitario da URSS, cuxo ditador foi Stalin. Na obra este correspóndese co "Gran Hermano" ou "Gran Ditador", aquel que todo o observa e todo o controla. O totalitarismo acada todos os ámbitos ou esferas da vida, asfixiándonos e destruíndonos como individuos. No estado totalitario os individuos non existen, xa que só existe a sociedade no seu conxunto que serve ao estado. Este controla, ademáis da política, o partido único, a economía, a cultura e as mentalidades a través dun férrreo control e dunha incidente propaganda. A arte está ao servizo do poder. Orwell amósanos ese mundo dos totalitarismos a través dunha das obras clave da literatura do século XX.
Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario