jueves, 19 de enero de 2012

A historia de Stanley e Livingstone en África


A primeira vez que África foi explorada foi a mans de David Livingstone, que era obreiro e mais tarde estudou teoloxía e medicina. Livingstone atravesou África de costa a costa, descubriu varios lagos e durante máis de tres anos non se soubo nada del. No ano 1870 un periódico inglés encargoulle a un dos seus peridodistas, Henry Stanley, que viaxara a África para buscar a Livingstone. Unha vez alí, Stanley, explorando o lago Tanganica é atacado por tribos nativas e ferido na espalda. Máis tarde o asistente de Stanley viu a Livingstone entre un grupo de nativosos nativos e berra : Un inglés!. Stanley achégase a Livingstone e pregúntalle: O Doutor Livingstone, supoño? Así se atoparon o explorador e o periodista no medio do gran continente africano. Stanley permaneceu xunto a el durante cinco meses, ambos exploraron o lago Tanganica na busca das as fontes do Nilo.
Paula Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario