lunes, 15 de marzo de 2010

O Totalitarismo: Stalin

Stalinismo e Totalitarismo identifícanse. Stalin impón unha Dictadura do Terror na URSS tras a morte de Lenin e ata a súa morte no ano 1953. O seu réxime intervén de forma asfixiante en todas as esferas; política, económica, cultural... Non diferencia entre a sociedade civil e o Estado, o individuo non existe, senón que está ao servizo da sociedade, do Estado. Partido e Estado están totalmente identificados. O único partido permitido é o Comunista (PCUS), os demais partidos e os sindicatos están prohibidos. Stalin estableceu un réxime de terror contra todo disidente do sistema. Desde un primeiro momento leva unha política represiva, as purgas e as deportacións eran constantes. O Comité do Pobo para Asuntos Internos ou MKVD era o organismo que vixiaba as purgas, que a súa vez, era controlado e vixiado por Stalin. As purgas iban contra o exército, era necesario eliminar a moitos altos cargos; e contra o Partido, xa que había dirixentes bolxeviques de épocas anteriores. A represión máxima foi entre os anos 1936 e 1938. Neste último ano, oito millóns de rusos foron deportados a campos de traballo. Lévase a cabo unha rusificación en todo o país. Stalin impuxo o culto a súa personalidade. No campo económico, o Estado controlou absolutamente a economía a través dunha amplia burocracia. Controla o que hai que producir, consumir, aforrar e investir. O sistema de propiedade privada eliminouse. Stalin impuxo a colectivización no campo de forma progresiva, nacionalizou as fábricas, os transportes e a banca. A base da industria é a pesada, a siderurxia, metalurxia, armamento... e non a de bens de consumo. O mercado oficial depende do Estado, o mercado negro foi a válvula de escape para os traballadores. O sucesor de Stalin, Jruschov, levará acabo a desetalinización da URSS.
José Montalbán García
José Montalbán García

No hay comentarios:

Publicar un comentario