sábado, 12 de junio de 2010

Un relato da Guerra Civil


Este é o relato sobre o que lle tocou vivir a unha persoa na Guerra Civil española: "O 18 de xullo de 1936 estalou a sublevación militar dirixida polo Xeneral Franco. Eu estaba na colleita do trigo, naquel tempo facíase con fouciños...Pola tarde pasaron por alí uns veciños que foran ó pobo a mercar cousas para a sega, dixéronnos que a xente non podía sair da vila e que había homes con escopetas e pañuelos vermellos. Non sabiamos nada do que estaba a pasar, non había medios de comunicación...Toda a información viña de persoas forasteiras ou dalguén do pobo que salira fora. Fun a casa dos meus pais, alí tiñan radio e así entereime do que estaba a suceder; as forzas nacionais dirixidas por Franco, Mola e Sanjurjo, trataban de derrotar á República. Os meus irmáns foron chamados a filas. Aquel verán o pasamos moi mal pola preocupación da guerra, a miña nai sufría moito...No seguinte mes de marzo, os fascistas acercábanse ao noso pobo e miña nai díxome que marchara con outros veciños cara Francia. Así o fixen con outras cinco persoas mais. O pouco rato vimos avións que comezaron a destruir todo a pobo. A medida que avanzabamos, uníminos a unha gran multitude que estaba nas mesmas condicións que nós. Chegamos a unha zona de moita neve; os nenos choraban, as mulleres non podían terse en pé, o calzado comezaba a romper...Tivemos sorte de que no aparecera a aviación, xa que na neve eramos branco seguro. Mais tarde chegamos a unha garganta cun acantilado moi alto e xeado, moitos se precipitaron cara abaixo...Tras cruzar a Francia, nun pobo déronnos comida: unha sardiña en lata e pan. Estiven cun tío meu en París, alí entereime de que un dos meus irmáns morrera na batalla do Ebro. Despois fun chamado a filas, vivindo en codicións penosas, pasabamos moita fame, incluso chegamos a comer neve...Un día o tenente díxonos que a guerra rematara...Que alegría sentimos todos!"
Testemuña recollida por Mª Isabel Fulgueira Quintás

No hay comentarios:

Publicar un comentario