sábado, 12 de junio de 2010

A revolución de Asturias


A revolución de Asturias foi un movemento revolucionario coordinado entre as diferentes forzas de esquerda asturiana, os seus principais obxectivos eran a abolición do sistema republicano establecido pola Constitución de 1931 e a sustitución por un réxime socialista. Esta revolta tivo lugar en Asturias durante a II República(1931-1936). O desencadeante do conflicto veu motivado polo nomeamento, o 4 de outubro de 1934, de tres ministros membros do CEDA no goberno presidido por Lerroux. Un días máis tarde, trala entrada dos novos ministros, é convocada como protesta unha folga xeral. En Asturias a revolta adquiriu un carácter revolucionario, chegando a asumir os sublevados funcións elementais do Estado: abolición da moeda e da propiedade privada, control da producción e abastecemento, así como a formación dun exército do proletariado. O movemento estivo dirixido pola Alianza Obreira, formada por tódalas forzas de esquerdas. En Oviedo, proclamouse a República Socialista Asturiana e son atacados os postos da Garda Civil, as igrexas, os concellos... O goberno enviou a Oviedo ao xeneral Eduardo López Ochoa e, ao teniente coronel Juan Yagüe (quen dirixiría a Lexión), estes conseguiron a rendición dos revolucionarios asturianos 15 días despois de que se iniciara a revolta. O número de víctimas da revolución de Asturias chegou a 71 persoas, pero o de represaliados foi moi superior.

Uxía Gómez Méndez

Sasha Suárez Mosquera


No hay comentarios:

Publicar un comentario