viernes, 18 de junio de 2010

O 23-F


O golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 en España, tamén coñecido como 23-F, foi un intento fallido de golpe de Estado intentado por unha serie de mandos militares. Este intento de golpe de Estado foi moi coñecido polo famoso episodio do asalto ao Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís co tenente coronel Antonio Tejero á fronte. Neses momentos estábase a producir no Congreso a votación do candidato á presicencia do Goberno, Calvo Sotelo, candidato por parte da UCD. Este golpe garda unha estreita relación con todo o sucedido durante a Transición Democrática (período no que se pasa da ditadura franquista, tras a morte de Francisco Franco, a unha nova democracia). Os síntomas de tensión permanente que levan a Tejero a organizar o golpe de Estado foron: os problemas que ocasionou a crise económica, as dificultades na nova organización territorial do Estado, os ataques da banda terrorista ETA, a resistencia dos sectores máis conservadores do exército, que se negaban a aceptar a democracia (s primeiros síntomas de malestar comezaran en 1977 coa legalización do PCE) e a propia dimisión de Adolfo Suárez como Presidente do Goberno e líder principal da UCD o 29 de xaneiro de 1981. Como sustituto de Suárez, o 18 de febreiro presentaría o seu proxecto de goberno Calvo Sotelo pero na votación do Congreso do día 20, non obtivo a maioría necesaria para ser investido, polo que se convocou unha nova votación o día 23 no mesmo lugar. Ese día sería o escollido por Tejero e os seus secuaces para asaltar o Congreso dos Deputados e así, tentar conseguir facerse co mando do país. Ás 6 en punto da tarde comezou a votación para a investidura de Calvo Sotelo e, 22 minutos máis tarde, ás 18:22h, momento no que ía emitir o seu voto o deputado Núñez Encabo, un grupo de gardas civís portadores de ametralladoras, irrumpiron no hemiciclo do Congreso con Antonio Tejero á fronte pronunciando as seguintes verbas: “¡Quieto todo el mundo!” e dando orde de que todos se tirasen ó chan. No momento, todos se axeonllaron excepto o tenente xeral Mellado (que se levantou pedindo explicacións a Tejero), o deputado Carrillo e o presidente Suárez (que permanecen sentados nos seus respectivos escanos). Enfurecido, Tejero efectúa un disparo ao aire. Este é seguido por unha serie de ráfagas das ametralladoras dos asaltantes. Pouco despois, prodúcese a Sublevación de Valencia, na que o Capitán Xeral da III Rexión Militar, Jaime Milans, sacou á rúa unha serie de carros de combate que circularon dende o porto até o centro da cidade, onde apuntaron a diversos edificios como o Concello ou as Cortes. A negativa do Rey ao apoio ao golpe foi fundamental para conseguir abortalo durante a noite. Este realizou unha serie de xestións que conseguiron dar por finalizado o golpe. A isto uniuse a rotura da fidelidade dalgúns secuaces de Tejero, que o abandoaron deixandoo sen apoios. Ás 22:00h retransmitiuse un comunicado por radio, no que Jordi Pujol aseguraba que o golpe fora abolido e a situación estaba baixo control. As consecuencias máis destacadas do golpe foron o inicio dun proceso de involución autonómica e o reforzamento da monarquía entre a poboación e os medios políticos. Os principais desencadeantes do golpe (Milans, Armada e Tejero) foron condeados a trinta anos de prisión.
Javier Cabana Soengas


No hay comentarios:

Publicar un comentario