miércoles, 16 de junio de 2010

A muller no Franquismo



O Franquismo supuxo o fin da democracia e das liberdades para todos os españois, pero para as mulleres a perda significou moito máis; supuxo a eliminación de todos os dereitos que conseguiran durante a II República e a consolidación dun sistema de valores machistas que as retornaba ó fogar e as consideraba inferiores xurídica e legalmente. Defendíase que o home tiña unhas capacidades físicas e intelectuais superiores e que a muller era complementaria; mentres o home se ocupaba dos asuntos públicos, a muller ocpábase do ámbito doméstico. A muller ao casar perdía a súa capacidade legal, o marido pasaba a ser o administrador dos seus bens e o seu representante legal. Coa chegada do Franquismo púxose fin ó divorcio, e o Código Penal restableceu como delito o adulterio cometido pola muller. No terreo laboral intentouse afastar á muller casada do traballo fora da casa, xa que o seu papel era o de coidar ó home e ós fillos. a muller casada necesitaba permiso do seu esposo para poder traballar. En canto á educación, os nenos e as nenas estudaban por separado. Cando a muller remataba os estudos básicos, o seu lugar estaba na casa, porque nela vivía a súa familia. Tamén, durante o Franquismo, se ditaron normas de comportamento social e bos costumes; os vestidos non debían ser cinguidos, nin marcar as formas do corpo, os escotes non podían ser pronunciados, e as rapazas e os rapaces non debían coincidir en lugares públicos como piscinas e praias.
Melanie García Vázquez
Ana Vila García

No hay comentarios:

Publicar un comentario