lunes, 14 de junio de 2010

O racionamento na posguerra


Trala Guerra Civil española (1936-1939), iniciouse unha dura etapa de posguerra e de illamento internacional do novo réxime franquista. A cartilla de racionamento foi a salvación de moitos para non morrer de fame. A cartilla incluia vales de pan, de arroz, de azucre, aceite, patacas, e outros vales de "varios" que non estaban programados, por exemplo carne, feixóns ou bacallau. Isto permitiu o enriquecemento dalgúns co mercado negro ou estraperlo. Nel, vendían produtos de primeira necesidade, a altos prezos. A función da cartilla de racionamento era a distribución de alimentos mediante cupóns que había que pagar, asignando a cada cidadán, alimentos de primeira necesidade. Cada semana, a Comisaría Xeral de Abastos, indicaba a cantidade e os prezos dos alimentos. Resultaba imposible obter de forma legal calquera alimento controlado polo racionamento, salvo a través do mercado negro ou estraperlo. Algunhas normas de control eran os selos, coa serie e número de rexistro, e a inscripción feita no establecemento do proveedor. Os alimentos por persoa cada semana podían variar, por exemplo un cuarto litro de aceite, cen gramos de azucre, cen de garbanzos, un boliño de pan etc.
Ana María Meilán Sánchez
Martín Mejuto Sobrado

No hay comentarios:

Publicar un comentario