domingo, 20 de junio de 2010

O Land Art : Christo

Javachef Christo é un artista norteamericano de orixe búlgara. É un dos máis destacados autores da Land Art ou "arte da terra", unha nova proposta que aparece alá polos anos 60 do século XX. Esta tendencia artística caracterízase pola intervención do autor nun espazo, ben natural ou humanizado, urbano, e que este modifica, buscando a sorpresa no espectador. Así, na traxectoria deste autor atopámonos con pontes e edificios envoltos, os "empaquetagges" que cambian a face dunha cidade, como sucedeu co Pont Neuf en París ou o Reichstag de Berlín; ou illas e arrecifes rodeados por telas xigantescas de polipropileno, en Florida, destacando pola súa cor; ou as famosas sombrillas que ocupan enormes territorios, por exemplo en Xapón ou en California...



Estas intervencións de Christo e da súa muller Jean Claude, teñen un carácter efímero, son temporais. Logo, só podemos admirar estas obras a través das fotografías tomadas durante a súa corta permanencia na terra.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario