O Expresionismo Abstracto americano inaugúrase en 1947 cunha exposición dos chamados "cadros de chorreo" de Pollock, principal representante de Action Painting. Este artista inaugura unha nova forma de entender a arte abstracta na que o pintor convírtese no medio, no instrumento dos materiais utilizados na obra: grumos, regueiros de pintura, xestos, a superficie que rexistra a topografía do chan, o movemento do artista... O acto creador é o importante, non o resultado final da obra. Pintar o cadroe é un ritual, un proceso máxico, que reflexa a necesidade interior de crear. Hai unha relación evidente co Surrealismo e Kandinsky no automatismo, con Matisse na cor, e co Muralismo mexicano de Diego Rivera nos grandes formatos, sen esquecer a relación coas xilografías de Gorky. Outros representantes de Action Painting son De Kooning, que da unha maior importancia á figura da muller; Morris Louis,cunha producción na que a cor é vital; Neumann, que traballa con bandas luminosas; e Rothko, cunha obra baseada en campos rectangulares, verticais e horizontais, froito dunha maior meditación e reflexión.
A Nova Figuración xurde debido á reacción a abstracción. Hai un esgotamento da linguaxe abstracta, voltando ao sentimento e a reflexión. Bacon é un dos representantes da Nova Figuración. O centro da súa obra é o home, éste aparece deformado e irreconocible, símbolo descarnado da guerra e das masacres, do exterminio e da fame. Os espazos son claustrofóbicos e angustiosos. O Grupo CoBrA representa unha tendencia desta nova figuración fronte á pintura abstracta poñendo énfase na expresividade, no valor do xesto e no graffitti. Representantes son Karel Appel e Aleschinsky, entre outros
En relación co esgotamento da abstracción nace o Pop Art en EEUU nos anos 50 e 60. Hai queter en conta o novo contexto americano, unha sociedade capitalista na súa fase da era de masas, a era do consumo. A arte Pop toma o seu repertorio temático da publicidade, dos medios e iconas da sociedade de masas, do cómic...Esta proposta está en relación co Dadá, que levaba ó museo obxectos triviais como forma de provocación; sien empargo a Arte Pop reivindica os elementos da sociedade contemporánea como “museables”. Os representantes máis destacados son Andy Warhol, Jaspers Johns, Liechstenstein e Wesselmann en EEUU; e David Hockney Allen Johns en Inglaterra. Warhol realiza series sobre cómics, obxectos de consumo, imaxes e mitos da sociedade americana mediante a súa técnica de representación múltiple, que magnifican as súas propias imaxes; a Sopa Campbell, a Coca-Cola, Marilyn Monroe...
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario