lunes, 14 de junio de 2010

O réxime autoritario de Francisco Franco


Francisco Franco Bahamonde naceu en Ferrol en 1892. Foi un dos militares integrantes do pronunciamento de 1936 que deu lugar ao inicio da Guerra Civil. O inicio da carreira militar de Franco quedou marcada pola Guerra do Rif en Marrocos, acadando o grado de xeneral en 1926. Dirixiu a Academia Militar de Zaragoza durante a II República, e se lle encomendaron, en 1934 a dirección das operacións militares para sufocar o movemento armado da cunca asturiana que estalara ese ano. Tras o triunfo do Frente Popular en 1936, o Goberno afastou aos militares sospeitosos de conspiración, entre eles a Franco, cuxo novo destino foi Canarias. En xullo de 1936, o Xeneral Franco, xunto a Sanjurjo e Mola, lidera o alzamento contra a II República. O golpe fracasou, dando lugar á Guerra Civil. Franco convertiuse no líder indiscutible dos sublevados trala morte en accidentes de aviación dos outros dous xenerais do alzamento militar. Tras a súa victoria na Guerra Civil, Franco instaura en España un réxime ditatorial, de características fascistas nos seus inicios. Eran os tempos nos que os fascismos europeos se atopaban en auxe. Franco posuía o título de Caudillo e nel concentrábanse todos os poderes, sendo a súa vez Xeneralísimo dos Exércitos. Durante a II Guerra Mundial enviou apoios ás potencias fascistas a través da coñecida División Azul. Coa derrota dos fascismos, España entra nunha etapa de illamento internacional que provocou a retirada de embaixadores. O illamento interrómpese a partir de 1953, xa que España asina acordos co Vaticano econ EEUU. Despois de 1959, coa entrada no goberno dos tecnócratas e o abandono da política autárquica, a economía experimentou unha profunda transformación acadando unha recuperación. Nos últimos anos do Franquismo, a escaseza tecnolóxica e a suba do prezo do petróleo, deu lugar a unha crise internacional que España sufriu de maneira moi intensa. Esta crise agravouse debido á inestabilidade que producía a enfermidade de Franco. Este nomeou a Carrero Blanco como novo xefe de goberno, que morreu asainado nun atentado de ETA. Isto deu lugar a un novo goberno presidido por Arias Navarro, con él aumentou a represión contra os opositores do réxime. Na madrugada do 20 ao 21 de novembro de 1975 morre Franco, deixando a Juan Carlos I como rei de España, e este nomea, pouco despois, a Adolfo Suárez como presidente do goberno. Comeza así a Transición Democrática.
Carmen Rapado García
Juan Carlos Rey Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario