miércoles, 24 de febrero de 2010

Sorolla:" Nenos na praia"


Sorolla foi un pintor español impresionista, e tamén un dos máis prolíficos, con máis de 2200 obras no seu haber. Naceu en Valencia o 27 de febreiro de 1863. Quedou orfo sendo aínda moi neno. Recibiu un premio pola súa constante aplicación no debuxo das figuras cando aínda non tiña os 20 anos cumpridos.En 1879 ingresa na Escola Superior de Belas Artes. En 1880 consegue outro premio por unha das súas obras. En 1894 viaxou a París donde empezou a utilizar o luminismo, moi importante nas súas obras a partir dese momento. Desde 1914 traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. en 1920, mentres pintaba no xardín da súa casa en Madrid, sufre un ataque de hemiplexía que o mermou nas súas facultades físicas e mentais. Morreu o 10 de agosto de 1923.
A obra "Nenos na praia" pertence a unha das etapas máis exitosaso autor. Vense tres nenos na area dunha praia, á beira do mar. As pincelada
s, grandes e continuadas, forman os corpos dunha maneira pouca minuciosa, sen liñas, propia da pintura impresionista francesa. Os nenos parecen fundirse coas ondas do mar, formando unha escena tranquila, serena. Plasma unha escena ó aire libre, a pintura en plein-air, típica tamén do movemento impresionista. O que máis chama a atención son as sombras azules e violáceas, propias do pintor. Sorolla capta as sensacións do aire ao evaporarse sobre os corpos mollados conseguindo transmitir as calidades esmaltadas. Sorolla sempre se preocupou por captar as expresións, por iso vemos a mirada da figura central, aínda que non é unha face definida. Sorolla é o pintor, por excelencia, da luz mediterránea, perfectamente plasmada nas súas obras.
Jorge Gallego Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario