sábado, 20 de febrero de 2010

As mulleres na I Guerra Mundial

A I Guerra Mundial estala en Europa en 1914, debido á rivalidade entre as potencias imperialistas, e foi o conflito con máis mortes ata aquel momento da historia. Nos catro anos que durou, os homes tiñan que combater nas batallas, adicándose á loita diaria nos frentes e nas miserables trincheiras. Sen embargo isto só foi posible grazas a que as mulleres asumiron un novo papel. A partir da Gran Guerra, as mulleres xa non foron únicamente amas da casa, senón que empezaron a traballar nas fábricas, nos hospitais, conducían os camións, os tranvías das cidades, así como se ocuparon tamén das labores do campo para poder abastecer ás cidades e aos frentes. Isto levou ás mulleres a decidir que eran iguais de capaces que os homes para desempeñar os traballos dos que antes só se ocupaban os homes. Sen embargo a sociedade non lles outorgaba os mesmos dereitos que eles. Esta incorporación ao mundo laboral axudou ás mulleres na súa independencia e liberdade. A I Guerra Mundial supuxo un gran paso na historia da muller.
Ana Vila García
Melanie García Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario