jueves, 18 de febrero de 2010

India: A xoia da Coroa


A "xoia da Coroa" era o nome que recibía a India por parte de Gran Bretaña. O Imperio británico foi un dos máis grandes da historia e o maior da época. Inglaterra conquista India en 1773, por medio da Compañía das Indias Orientales. As fronteiras da India foron gradualmente ampliadas coa Coroa Británica. Moitos dos abusos que se producían na India durante o goberno da Compañia das Indias Orientais foron modificados e erradicados polo Imperio Británico asumindo todo o control dos hindús. Instituironse importantes reformas fiscales, gubernamentais, xudiciais, educativas e sociais,ademáis do sistema de obras públicas . O goberno británico herdara un grande número de problemas difíciles, por exemplo a condición de pobreza na que se atopaba a maioría da poboación india, ademáis do resentimento popular sobre a condición colonial do país e un crecente espíritu nacionalista. Os periodos de fame que se cobraban as vidas de millons de persoas, contribuiron moito á situación de inestabilidade política. En 1876 o goberno británico, daquela encabezado por Disraeli, proclamou á raiña Victoria como emperatriz da India. Durante os últimos anos do século XIX e principios do XX estendeuse pola India unha dura politica. A élite intelectual india que estudiara e viaxara a Occidente, vese influenciada das ideas e culturas occidentais e orientais. Deste xeito o nacionalismo hindú comezou a ameazar seriamente a posición británica no país, debido aos motíns e manifestacións. De feito, creáronse asociacións dedicadas á loita contra o mandato británico. De todas estas, a máis influinte era o Congreso Nacional Indio, fundado en 1885. Esta organización, que contaba co apoio de moitos hindúes e musulmáns preeminentes foi elevando pouco a pouco a conciencia política das masas e acelerou a tendencia deica á unificación nacional. A nivel cultural, o famoso poeta Tagore realizou contribucións duradeiras á causa da unidade india. As manifestacións hostís contra o mandato británico fixéronse cada vez máis frecuentes, Os nacionalistas máis radicais recurriron aos asesinatos e outros actos de terrorismo. As medidas vengativas por parte das autoridades coloniais foron contrarrestadas por un boicot popular aos produtos británicos. Ao condenar a maior parte das actividades dos nacionalistas como sediciosas, o goberno británico adoptou un código criminal especial para controlar a situación. En 1909 a Acta dos Consellos da India, introducía na India un grao limitado de autogoberno. O movemento nacionalista non estivo satisfeito con esta concesión, e demanda a independencia. Tralo estourido da I Guerra Mundial, numerosos indios, tanto hindúes como musulmáns, sumáronse á causa británica. Máis de un millón participaron no esforzo da guerra. O movemento nacionalista inactivo durante os primeiros anos da guerra, reanudou a campaña polas reformas en 1916. A campaña iniciouse cunha declaración conxunta de demandas mínimas por parte do Congreso Nacional Indio e a Liga Musulmana. Seguiu unha declaración política por parte do goberno británico en agosto de 1917 que prometía un incremento de hindús en todas as ramas da administración e institucións de autogoberno. As loitas políticas continuaron trala I Guerra Mundial. Como resposta ao grande aumento da actividade nacionalista, o Parlamento británico aprobou as Leis Rowlatt, que suspendían os dereito civís e establecían a lei marcial en áreas nas que se produciran tumultos e levantamentos. A aprobación das Leis Rowlatt precipitaron unha onda de violencia e desordes en moitos lugares da India. Neste periodo de tumultos, Mohandas K. Gandhi, un reformador social e relixioso hindú, pediu aos indios que se enfrentaran á represión británica coa resistencia pasiva (Satyagraha). O movemento de protesta acadou proporcións de insurrección o 13 de abril de 1919, no Punjab, unha multitude desarmada de homes, mulleres e nenos, foi masacrada polas tropas británicas ao mando do Xeneral Dyer, namentres efectuaban unha protesta pacífica nunha praza. Como consecuencia da matanza, o movemento en contra dos británicos na India acadou novos niveis de intensidade. A característica máis destacada desta fase da loita era a política de Gandhi de non cooperación, instituida en 1920. Entre outras cousas, a política demandaba o boicot dos produtos británicos, tribunais e institucións educativas; a non cooperación na vida política e a renuncia aos títulos británicos por parte dos indios. O movemento de non cooperación estivo ás veces acompañado pola violencia, a pesar das recomendacións de Gandhi en contra do uso da forza. Combinado con métodos parlamentarios de loita, o movemento demostrou ser unha arma efectiva na loita pola independencia india. Gandhi foi encadeada en varias ocasións por estes actos, considerados de sedición polo Imperio Británico. Gandhi, coñecido entre os seus admiradores como Mahatma (en sánscrito ‘gran alma’), tivo un papel decisivo na historia política india. Entre 1922, o ano da primera encarcelación de Gandhi, e 1942, cando foi posto baixo custodia por última vez, a loita pola independencia india estivo marcada por serios contratempos entre os que se inclúe a renovada disensión entre musulmáns e hindúes. A corrente do nacionalismo indio, que ganara ímpetu desde que Gandhi foi arrestado por primera vez, alcanzou unha fase de clímax na primavera de 1930. O 12 marzo deste ano, tralo rexeitamento británico das demandas para o rango do dominio para a India, Gandhi anunciou que encabezaría unha violación masiva do monopolio do sal do goberno. O simple acto da obtención de sal, demostrou ser profundamente simbólico e efectivo e o 5 de maio Gandhi foi de novo encarcelado po las autoridades británicas. De seguido producíronse tumultos e manifestacións en Calcuta, Delhi e outros centros. Apedrearonse trens, cortáronse cables do telégrafo e varios oficiais do goberno foron asasinados. O afán por controlar estes desordes fixo que o goberno levara a cabo arrestos en masa; deica novembro 27.000 nacionalistas indios foran sentenciados a penas de prisión. India logra a independencia no ano 1947. Gandhi foi asasinado o 20 de xaneiro de 1948.
Antía García Diéguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario