domingo, 7 de febrero de 2010

A Conferencia de Berlín de 1885


Durante o século XIX, a medida que avanzaba a expansión colonial , producíronse conflitos entre as potencias imperialistas no seu intento por controlar as áreas de África, América, Asia e Oceanía. Pretendendo evitar estes conflitos o 15 de novembro de 1884 e o 2 de febrero de 1885, reuníronse as grandes potencias: Alemania, Austria-Hungría, Bélxica, Dinamarca, España, EEUU, Francia, Gran Bretaña, Holanda, Italia, Portugal, Suecia, Noruega e o Imperio Turco Ningún país africano estivo representado. O día da reunión, ás dúas en punto, Bismarck, o Canciller alemán abriu a primeira sesión e asumiu a presidencia. No seu discurso asegurou que o propósito da conferencia era promover a civilización dos africanos abrindo o interior do continente ao comercio. Logo, tras insistir en que na reunión non se entraría en cuestións de soberanía e de que esta serviría á causa da paz e da humanidade, Bismarck finalizou a súa intervención dando unha impresión de incertidumbre e ambigüidade. Hai que entender que a paz era necesaria para a consolidación do Capitalismo en Europa, e Bismarck, como bo estadista, ben o sabía. Unha vez discutidos e resoltos os problemas plantexados ao comezo da Conferencia, os delegados elaboraron unha acta xeral, que contiña estes apartados: O primeiro era unha Declaración relativa á liberdade de comercio na Cunca do Congo, as súas desembocaduras e países circunveciños, con disposicións relativas á protección dos indíxenas, dos misioneiros e dos viaxeiros á liberdade relixiosa. O segundo punto era unha Declaración referente ao trato de escravos e as operacións que por terra ou por mar proporcionan escravos para a explotación destes. O terceiro punto era unha Declaración relativa á neutralidade dos territorios comprendidos na cunca convencional do Congo. O cuarto e o quinto punto incluía a Acta de navegación do Congo e a do Níxer respectivamente. O sexto era unha Declaración relativa ás condicións esenciais requeridas para considerar efectivas as novas ocupacións que, en diante, puideran realizarse en África. O último punto contiña unhas Disposicións de carácter xeral.
Iago Montes Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario