
O Romanticismo é unha corrente cultural e artística que se espallou por Europa no século XIX. Significou unha nova estética e un novo sentimento traducíndose na arte polo gusto do exótico e pola natureza, ademáis da preferencia polas actitudes apaixoadas dos personaxes. Algúns dos principais trazos da pintura romántica son: o movemento nas composicións, o gusto pola cor, e as luces vibrantes, ademáis da importancia crecente da paisaxe. Un dos pintores máis importantes do Romanticismo foi Delacroix, autor da obra "A matanza de Quíos". É unha pintura de 1824, representa un episodio da Guerra de Independencia dos gregos contra os turcos otomanos, concretamente a matanza de 20000 habitantes das illas do Exeo. No cadro vense expresións de medo e de desesperación, reflexando a derrota dos gregos nesta triste batalla. Un oficial leva a unha muller espida, con expresión de terror; os máis heroicos son os que sufren a guerra. Esta obra se conserva na actualidade no Museo do Louvre.
Jennifer García Mariño
No hay comentarios:
Publicar un comentario