sábado, 20 de febrero de 2010

O presidente Wilson

Vixésimo oitavo presidente dos Estados Unidos de América,Woodrow Wilson naceu en Taunton, Virxinia en 1856 e faleceu en Washington en 1924. Fillo dun pastor protestante, estudou na Universidade de Princeton, onde máis tarde traballou como profesor de Dereito Constitucional e chegou a ser reitor en 1902. Chega a política da man do Partido Demócrata, sendo gobernador de Nova Jersey en 1911. As súas reformas políticas e sociais en Nova Jersey chamaron a atención e o convirten en candidato á presidencia. Nas eleccións presidenciais de 1912 obtivo unha abafante maioría. Durante os seus dous mandatos como presidente (1913-1921) reforzou a intervención do poder central na democracia estadounidense, reorganizou o sistema bancario americano coa creación dun Banco Central (a Reserva Federal), creou un imposto federal sobre a renda persoal, introduciu a elección directa dos senadores por sufraxio universal, estendeu o dereito de voto ás mulleres, empregou a forza do Estado para loitar contra os monopolios e tratou de frear o consumo de alcol coa polémica Lei Seca. En política exterior tivo que enviar unha expedición militar a México en captura do revolucionario Pancho Villa, aínda que non conseguiu atrapalo. Wilson mantivera a neutralidade dos Estados Unidos na Gran Guerra de 1914, sen embargo rompe esa neutralidade ante os ataques submarinos alemáns á navegación no Atlántico, ademáis do temor a unha alianza de México con Alemaña para arrebatar territorios aos Estados Unidos. Deste xeito os Estados Unidos entraron na Primeira Guerra Mundial como aliados de Gran Bretaña e Francia, opoñéndose os réximes dos grandes imperios (Alemaña e Austria-Hungría). Co seu peso industrial e militar contribuíron á victoria aliada, á vez que demostraban a súa condición de gran potencia. En 1918 o presidente Wilson formulou dun programa democrático e pacifista, que prevía a abolición da diplomacia secreta, a liberdade de navegación en todos os mares, a redución de armamentos, a liberalización do comercio e creación dunha Sociedade de Nacións que garantise o arranxo pacífico dos conflitos. Wilson propuña aplicar o principio das nacionalidades, dando a independencia aos pobos con identidade cultural propia que estiveran sometidos ao Imperio Austro-Húngaro, ao Imperio Otomán ou ao Imperio Ruso. Terminada a guerra, Wilson trasladouse a Europa para participar na Conferencia de Paz de París (1919) , quedou decepcionado ante os desexos de revancha das potencias gañadoras. Regresou a Estados Unidos co gran mérito da creación da Sociedade de Nacións. Unha enfermidade apartouno da vida política, deixándolle inválido para o resto do seu mandato. En 1919 recibiu o Premio Nobel da Paz.
Iván García Costa

No hay comentarios:

Publicar un comentario