sábado, 19 de diciembre de 2009

A sociedade española no XIX: o campesiñado


A disolución do réxime señorial e as desamortizacións non alteraron sustancialmente a estrutura da propiedade da terra. Os antigos señores sairon reforzados xa que mercaron as terras que lles foran expropiadas. Moitos arrendatarios accederon á propiedade, formando un grupo de pequenos e medianos propietarios. Aínda que as desamortizacións permitiron mercar as propiedades por parte de agricultores e burgueses acomodados, a terra concentrouse de novo en poucas mans. Ás veces o pequeno propietario tiña que completar ingresos traballando de xornaleiro. Os propios xornaleiros podían posuír unha pequena parcela que lle proporcionaba produtos para o consumo doméstico. Desaparecida a servidumbre xurídica do Antigo Réxime, os campesiños seguiron suxeitos ás relacións de tipo clientelar. Os campesiños continuaron sometidos a un sistema no que o poder e a influencia do rico eran enormes. O proceso de reforma agraria liberal deu lugar á formación dun amplo grupo de campesiños con terras escasas, que seguiron no campo nunhas condiciós de vida moi duras e con salarios moi baixos . A fame de terras continuou e os campesiños viron frustradas as súas aspiracións de acceder á propiedade da terra durante a reforma libera. reforma liberal. Privados ademáis das terras dos concellos, atopáronse sometidos a condicións de vida aínda máis duras. A presencia de xornaleiros era predominante no sur de España, sufrían paro estacional e as mulleres e nenos tiveron que traballar a causa da pobreza. O número de xornaleiros aumentou ao longo do século XIX.
Mª Isabel Fulgueira Quintás

No hay comentarios:

Publicar un comentario