domingo, 20 de diciembre de 2009

O Sexenio Revolucionario e a I República


Coa Revolución de 1868, a raíña Isabel II é obrigada a saír de España. Comeza así o chamado Sexenio Revolucionario. A finais de outubro de 1870 solucionouse a cuestión do rei, necesaria para garantir a estabilidade interna do país. Así, Amadeo de Saboya, duque de Aosta, aceptou o trono de España tras ser presionado pola casa de Saboya. Foi elixido rei polas Cortes en Novembro de 1870. O fracaso do seu reinado, moi breve, non só se debeu a que non coñecía ben o idioma e era novo, senón que houbo outras razóns. A nobreza, sempre fiel a Isabel II veu a Amadeo como un inimigo, por iso tivo poucos apoios. Tamén se engaden os problemas dos carlistas, a favor de don Carlos, e os republicanos federais que fixeron xurdir o movemento obreiro. A Acta de abdicación de Amadeo de Saboya foi o 11 de febreiro de 1873. Foi entón cando se proclamou a Primeira República Española. A Asemblea designou a Estanislao Figueras como presidente dunha república unitaria. A súa principal misión era convocar unhas Cortes Constituíntes para promulgar unha nova Constitución. Figueras atopouse con varios problemas: unha Facenda en bancarrota, o problema de Cuba, os carlistas ao norte, e un exército inclinado cara ao moderantismo. Malia isto puido promulgar algunhas medidas revolucionarias como por exemplo unha ampla amnistía ou a abolición da escravitude en Puerto Rico e a supresión das quintas. Sen embargo, a República Unitaria carecía de defensores cualificados e Figueras devolveu o poder ás Cortes, proclamando estas a República Democrática Federal, co presidente Pi y Margall. Co triunfo dos republicanos federais xurdiron dúbidas á hora de organizar o novo estado. Deste xeito, comeza a revolución cantonal que fai dimitir a Margall, sucedéndolle Salmerón, que dimite a súa vez, pouco tempo despois na figura de Emilio Castelar. Vemos que a I República española é moi inestable, ademais segue a Guerra de Cuba e a Guerra carlista, isto non fixo máis que empeorar a situación. En xaneiro de 1874, co golpe do Xeneral Pavía, disólvense as Cortes e finaliza así a I República.
Iván García Costa
José Antonio Rodríguez Carballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario