miércoles, 16 de diciembre de 2009

O Anarquismo


Os anarquistas crían que o maior dos logros da humanidade era a liberdade do individuo para poder expresarse e poder actuar sen que isto fora impedido por calquer forma de poder. O Anarquismo, según Proudhon e os seus partidarios, excluiría a autoridade, establecendo o individualismo no seu máximo grao. Os anarquistas negan toda autoridade: Estado, Igrexa e exército. Durante o período da AIT (Asociación Internacional de Traballadores) os anarquistas foron expulsados por non coincidir coas ideas de marx. Esta situación, e a morte do principal pensador anarquista, Bakunin en 1876, provocou unha dispersión dos grupos anarquistas. Sen embargo, os atentados, o seu principal medio de loita, continuaron ao longo do século XIX e o XX. En España hai que destacar os asainatos de Cánovas del Castillo, José Canalejas e Eduardo Dato. O propio rei Alfonso XIII sufría varios atentados de grupos anarquistas. O máis importante produciuse no día da súa voda, provocado por unha bomba que non o alcanzou, pero si o fixo con varias persoas do público asistente. En España créase en 1870 a Federación Rexional Española (FRE) e en 1910 créase en Cataluña a Confederación Nacional do Traballo (CNT), ámbalas dúas de signo anarquista. Durante a Guerra Civil española os anarquistas participaron no goberno republicano, sendo a primeira experiencia na historia.
José Gómez Pardellas

No hay comentarios:

Publicar un comentario