miércoles, 16 de diciembre de 2009

O movemento obreiro



O termo proletariado é utilizado para designar á clase máis baixa da época contemporánea, que no sistema capitalista, vese na obriga de vender a súa forza de traballo á burguesía empresarial. As súas condicións de vida eran moi malas, os traballadores tiñan longas xornadas, un salario mínimo e pdían ser despedidos sen ningún tipo de explicación. Nas fábricas traballaban homes, mulleres e nenos, e era habitual que éstes últimos cobraran menos e estiveran sobreexplotados. O proletariado do século XIX se concentraba nas cidades, onde se atopaba a industria. A concienciación da súa mala situación levou aos obreiros á protesta e ás reivindicacións, pero tamén á desesperación. acabando moitos no alcoholismo, no xogo ou na delincuencia. Os primeiros movementos de masas orixináronse en Inglaterra, protagonizando escenas de destrucción das máquinas (Ludismo), ou creando asociacións de carácter sindical. Son as chamadas sociedades de axuda ou de socorro mutuo. Estaban integradas por artesáns que traballaban baixo o domestic system, unha industrie rural que conxugaba o traballo agrícola coa manufactura caseira de textiles, que non se desenvolvía nas fábricas. O seu obxectivo era a unión de obreiros para conseguir melloras salariais e laborais. A finais de século foron ilegalizados e tiveron que exercer as súas actividades de forma clandestina. A pesar dos éxitos obtidos polas organizacións sindicais, um amplo sector da clase obreira convéncese que a maneira de acabar co capitalismo era a loita política. Para iso empeza a organizarse en partidos políticos, que recolleron no seu seo dende as tendencias máis moderadas ata as máis radicais. A finais do século XIX xurden as Internacionais obreiras, defendían que era necesario esforzarse ao máximo para derrotar á burguesía.
Iago Montes Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario