sábado, 12 de diciembre de 2009

A Revolución Industrial inglesa


A Revolución Industrial inglesa comeza a mediados do século XVIII, é unha revolución que despois expandirase por Europa Continental, Estados Unidos e Xapón. Son unha serie de transformacións socioecómicas e tecnolóxicas moi importantes na historia e que deron lugar a un novo xeito de vida e a unha nova sociedade de clases. A primeira causa a ter en conta no desenvolvemento deste feito foi o crecemento demográfico, tamén coñecido como "revolución demográfica", isto supuxo un incremento da poboación que fixo posible unha maior demanda de alimentos. A súa vez, isto deu lugar a melloras agrarias, a unha maior productividade, posible grazas ás novas técnicas e inventos (arados, segadoras, sementadoras, malladoras...) e tamén a novos sistemas de cultivo (o Norfolk principalmente). Ademais, introducíronse cultivos novos coma a pataca. Todo isto formou parte da chamada revolución agrícola. Antes desta revolución os produtos eran elaborados manual e artesanalmente, coa Revolución Industrial aparece por primeira vez a industria e as innovacións coas cales pásase á mecaniza ción da industria téxtil e da siderurxia. Estas primeiras máquinas accionábanse ó principio, sobre todo, coa enerxía hidráulica, e logo tamén coa máquina de vapor, inventada por James Watt no 1769, que tería un papel moi importante na Revolución Industrial dado que tamén serviría para a revolución dos transportes. Tamén coas innovacións industriais aparecerá a fabricación en serie que fai que os costes e o traballo sexan menores na producción, este sistema utilízase en moitas industrias da actualidade. Ademais mellorouse o comercio debido á revolución dos transportes dado que apareceu a máquina de vapor e grazas a ela apareceu o barco de vapor e tamén o ferrocarril. Éste accionábase coa locomotora de Stephenson que inventou en 1829. Comeza así o transporte de mercadorías e persoas en ferrocarril. A primeira liña de pasaxeiros foi de Liverpool a Manchester.
Juan Varela Armas

No hay comentarios:

Publicar un comentario